A pesar de ser unha rexión marcada por minifundios de pequenas parcelas, Pazo Pondal logrou ser unha finca unida, trece hectáreas de viñedo espaldeiro de uva Albariño. Esta situación facilita a nosa actual transición ó cultivo ecolóxico, sendo unha das poucas adegas da denominación en experimentar na viticultura ecolóxica.
Os nosos viñedos teñen unha inmellorable situación ó estar nun val protexido por altas montañas, onde se xera un microclima único que protexe os viñedos de cambios bruscos de temperaturas.
O encontrarnos na zona máis cálida da Denominación, conseguimos que os nosos viños sexan máis estruturados e con máis gradación alcohólica. Os notables montes de pinos, eucaliptos e carballos que rodean e medran en puntos das nosas viñas, inflúen na natureza, personalidade e distinción dos nosos viñedos, dotándoos dunha personalidade única.
Os viñedos cultívanse en espaldeira e con este sistema a viña obtén unha maior aireación e exposición solar, o que garante a redución da humidade e o risco de pragas e enfermidades. Da mesma forma, tamén facilita a aplicación dos tratamentos e os traballos de poda e recolección.
Os nosos viñedos teñen unha inmellorable situación onde se xera un microclima único que os protexe dos cambios bruscos de temperaturas.
A densidade da plantación das nosas fincas e de 1.000 cepas por hectárea. Gracias o baixo rendemento das cepas captamos aínda máis a auténtica esencia da uva Albariño.
O Albariño é a uva protagonista da D.O. Rías Baixas, e unha das máis importantes e coñecidas de Galicia. Os seus acios e froitos son pequenos, (non superando os 125 gramos de peso) e realizan unha maduración temperá. Trátase dunha uva doce e glicérica, con alto nivel de azucre e acidez, que lle confire unha gran frescura os viños. Cultivada tradicionalmente en emparrado, e un dos símbolos de Galicia por excelencia.
Na D.O. tamén hai outras variedades, tanto brancas como tintas. Entre as brancas, cabe destacar a variedade Treixadura, Caiño branco e Loureira.
Pero é en boca onde o Albariño se mostra rotundo e compacto, facendo gala dun superlativo equilibrio entre o alcohol e a acidez que o que fai especialmente agradable, todo arroupado con tacto glicérico e sabroso que desemboca nunha sensación aveludada aínda que fresca e con amplitude de matices, ideal para acompañala mariñeira gastronomía rexional.
O clima da D.O. Rías Baixas é de influencia atlántica, con temperaturas suaves e elevadas precipitacións que diminúen considerablemente na época estival.
A temperatura media durante o inverno ronda os 10ºC e apenas existe unha pequena diferencia entre o día e a noite. Pola súa parte, as precipitacións están entorno os 1200ml. de media o ano.
Situada o suroeste de Galicia, a D.O. Rías Baixas víu a luz por primeira vez no ano 1980, coa uva protagonista desta terra, o albariño. A uva Galega por excelencia, representante dos viños varietais máis luxosos e con máis personalidade de España.
Os nosos viños son o resultado definitivo da uva Albariño como unha das mellores e mas versátiles variedades de uva branca do mundo.