2

Sobre Pazo Pondal

A nosa historia

Os nosos pais recen chegados da Alemania, foron sen sabelo os artífices do noso soño.

Presentámonos:

Pazo Pondal é unha adega familiar fundada no ano 1998. Ubicada en Arbo (Pontevedra), unha das mellores sub-zonas para a colleita do Albariño da D.O. Rías Baixas.

Unha adega familiar cunha traxectoria que demostra a insaciable busca de viños que expresan o seu terruño, viños cheos de aromas froiteiros e florais que marcan a complexidade e o estilo dos viños de Pazo Pondal.

A nosa finca, situada a ribeira norte do Rio Miño, ten 15 hectáreas de viñedo espaldeiro onde se cultiva con moito mimo e dedicación o Albariño: a uva galega por excelencia.

Os nosos pais recen chegados da Alemania, foron sen sabelo os artífices do noso soño. No ano 1976 a nosa familia comezou coa tradición do cultivo da vide, especialmente do albariño, dedicando toda a súa vida a viticultura e transmitindo a paixón, o respecto e as boas practicas a toda unha xeración de fillos e netos.

A nosa filosofía

A nosa misión e minimizar a erosión debido a elevada pluviometría da zona, así como equilibrar o nivel mineral destes chans e evitar a dependencia dos agro químicos/biocidas.

Dende a implicación de Olivia Hernández na adega, Pazo Pondal dou un xiro de 360*, comézase a enxergar un futuro distinto para a viña…

A súa xuventude, sensibilidade e paixón polo viño lévana a buscar viños máis persoais, implicando por primeira vez todos os factores do entorno na súa elaboración, para lograr viños que sexan a máxima expresión do seu terruño.

Logrou formar un equipo afín da súa paixón, cunha implicación moi grande no desenvolvemento da adega e entregado 100% a viticultura responsable. Para facer realidade todolos seus proxectos, que incluían diferentes estilos de viños.

O marxe de lograr viños máis persoais centra parte do seu labor en lograr a rexeneración dos chans e recuperalas prácticas ancestrais dos avós.

A nosa misión nestes chans é a minimización da erosión debido a elevada pluviometría da zona e a pendente dos campos. Así como equilibrar o nivel mineral estes chans e esa fertilidade para que aporte sanidade natural as plantas e eviten dependencia dos agroqímicos/biocidas.

En Pazo Pondal queremos aportar o noso gran de area e comprometémonos activamente co medio ambiente buscando sempre a sostenibilidade.

Co asesoramento de expertos, este ano 2015 comezaremos a reconversión das nosas viñas, potenciando e controlando a nosa propia materia orgánica. A agricultura ecolóxica é a nosa aposta por un desenvolvemento sostible.

O noso obxectivo e que o viño teña o menor risco de sufrir alteracións nas súas propiedades aromáticas e organolépticas a causa da exposición da uva a certos produtos químicos, así como obter uvas orgánicas de maneira sostible e equilibrada, conservando a fertilidade da terra e respectando a biodiversidade do medio ambiente. A sostenibilidade e un obxectivo a seguir para todo o capital humano na nosa adega.

pazo-valores_GAL
DCIM103GOPRO