O proceso de cultivo e o reflexo de coñecementos antigos e artesanais da familia.
Traballamos na viña cada vez de forma máis natural para recuperala vida e a complexidade autóctona dos solos, e para conseguir que os nosos viños obteñan a máxima expresión do terreo.
SELECCIÓN
Cada ano, durante o mes de xullo, realizamos unha pre-vendima nas nosas viñas, co fin de obte-la máxima calidade, expresión e concentración da uva albariño para os nosos viños. A vendima comeza de forma gradual a terceira semana do mes de setembro, periodizando as parcelas que esten no punto óptimo da madurez. Para que a uva chegue o máis fresca posible, a recollida faise soamente durante a mañá de forma manual e totalmente artesanal, con unha coidada selección se uva en caixas de 20kg. Unha vez na adega, pasa por unha cinta de selección para que a uva procesada sea de óptima calidade.
ELABORACIÓN
A uva seleccionada previamente, é despalillada e sometida a unha primeira e suave aperta. Durante un mínimo de 8 horas, a selección da mellor uva destínase a unha maceración pelicular en frío, para conseguir unha maior extracción dos compostos aromáticos máis complexos da pel. Posteriormente, prensamos de forma suave para obter o mosto flor, e o desfangado dos mostos que se realiza a baixas temperaturas durante un mínimo de 48 horas.
FERMENTACIÓN
A fermentación dos mostos realizase a temperatura controlada en depósitos de aceiro inoxidable e en barricas de carballo francés. Durante un mínimo de 6 meses, mantemos os viños sobre as súas propias lías, realizando “batonage” semanal para mantelas en suspensión. Unha selección permanece en barrica un mínimo de 10 meses coas súas propias lías hasta que exprese o seu máximo potencial. Con un estrito control de calidade, os viños van terminando a súa transformación. Coa chegada da primavera e unha vez transcorrido o tempo de repouso do viño durante todo o inverno, definimos os coupages, para que o verán abra o paso os nosos viños. Tódolos procesos na adega fanse baixo estritos controis para respetala complexidade e calidade que caracterizan os nosos viños mediante procesos de máximo respecto.